Tac tac tac
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro.
"Tac Tac Tac", publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos "a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta". Un libro fetiche, un libro único.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Páginas
- 52
- Año
- 2022
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411102285
¿Qué libro buscas?
