A Galicia moderna (1880-1939). Unha sociedade activa, unha economía innovadora
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939.
Foi unha época de importantes transformacións na Galicia rural e urbana, un tempo contraditorio, tanto en Galicia como en Europa, ao cal nos achegamos neste libro para poñer de manifesto o impacto dos grandes avances tecnolóxicos, a extensión das formas democráticas e os logros de benestar social, cando homes e mulleres procuraron partillar un poder vedado para a maioría. Un tempo, o daquela modernidade, que rematou co descenso ao fondo dos fascismos a resultas do golpe de Estado de 1936.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- OBRAS DE REFERENCIA - CONTAMOS A NOSA HISTORIA
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 264
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411107938
¿Qué libro buscas?
