Agora que vén a noite
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Zoe, tras un grave incidente, ten que comparecer ante a Fiscalía de Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, envíaa á aldea de Vilavedra a pasar o verán con Primitiva, a madriña, unha vella á que a moza nin estima nin coñece.
Nesas xornadas estivais Zoe madurará e descubrirá devagar como asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a Roi, un mozo moi distinto a ela, e xuntos desentrañarán o misterio que envolve o pasado de Primitiva, agochado tras dun mangado de cartas e unha vella pandeireta.
Agora que vén a noite constrúe, elo a elo, a cadea invisible que une no tempo o presente coa tradición. Unha cadea que debemos coidar e reivindicar, coa palabra, co cante e co toque. Unha celebración da nosa cultura popular e das mulleres afoutas que a conservaron en tempos escuros e incertos.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Coste Oeste 156
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 116
- Año
- 2025
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411764681
Sobre Marcos Calveiro
Marcos Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e rexentou un local de hostalaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios, como o Ala Delta, o Barco de Vapor e o Lazarillo, entre outros.
Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio, e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.
¿Qué libro buscas?
