Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Comandantes e familiares. Mayimbes II

Comandantes e familiares. Mayimbes II

Xavier Alcalá

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 358 páginas Año 2025
23,70 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado “imprescindible” polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La Galle.

Tamén o é para a irmá díscola do Castro Ruz, Juanita. Vive con privilexios na barafunda da revolución triunfante; mais nunca esquece Nova York, capital do mundo.

Comandantes e familiares é a continuación de A capital do mundo, nova entrega das novelas de Xavier Alcalá baseadas na epopea da emigración. Escrita man a man coa realidade histórica, documentada, antecede a Tempo de fugas dentro da Triloxía dos Mayimbes.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Biblioteca Xavier Alcalá 3
Formato
Tapa blanda
Páginas
358
Año
2025
Idioma
Gallego
ISBN
9788411764803
Sobre Xavier Alcalá

Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicación e doutor en Informática. Criado e formado en Ferrol, amosou cedo a súa vocación literaria en letras de cancións, artigos de xornal e relatos breves. Nos textos longos iniciouse con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), ao que seguirían títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña e da Crítica Española, Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura (Premio Blanco Amor, 1998) Tamén é autor da triloxía Evanxélica memoria sobre os avatares das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).

En 2012 publicou Verde oliva, novela sobre a revolución cubana contra Batista, e en 2018 The Making of, onde descobre aventuras perigosas e silenciadas da emigración galega na Arxentina. En 2024 volveu a Cuba con A capital do mundo, primeira entrega da Triloxía dos Mayimbes.

¿Alguna duda? Contáctanos