Na noite estrelecida
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
En 1926, Ramón Cabanillas deu ao prelo, na editorial Lar, Na noite estrelecida, recreación poética dos mitos da Materia de Bretaña desde a óptica galega, nun tempo en que se procuraba dotar a nosa cultura dun pasado mítico a través de símbolos compartidos por outras culturas atlánticas: Merlín, Escalibur, Galahaz, o Santo Grial...
Nesta edición, Xosé Ramón Pena achéganos, un século despois, á obra do poeta das Irmandades, onde é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns en relación coa relixión druídica e outros coa cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Letras galegas clásicos 22
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 122
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411765749
Sobre Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 - 1959) foi funcionario do Concello de Cambados e, aos trinta e catro anos, emigrou a Cuba, onde viviu ata 1915. Na Habana publicou os poemarios No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Á súa volta foi colaborador de A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento das Irmandades da Fala.
Autor de Da terra asoballada (1917) e Na noite estrelecida (1926), en 1927 publica A rosa de cen follas, poemario intimista de tema amoroso. En 1920 ingresa na Real Academia Galega e en 1929 na Real Academia Española. Despois da súa estadía en Madrid na década de 1940, comeza unha nova etapa como poeta coa escolma de cantigas populares Antífona da cantiga (1951), primeira obra publicada por Editorial Galaxia, Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), o seu derradeiro libro publicado en vida.
¿Qué libro buscas?
