Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
O osiño Chispa

O osiño Chispa

José Antonio Abad

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa dura Editorial Kalandraka Editora 36 páginas Año 2023
14,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: “Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar”. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba.

Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non é tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades.

“O osiño Chispa” é unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada

Detalles del libro
Editorial
Kalandraka Editora
Colección
Demademora
Formato
Tapa dura
Páginas
36
Año
2023
Idioma
Gallego
ISBN
9788413432458
¿Alguna duda? Contáctanos