Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Cos pés no aire

Cos pés no aire

Agustín Fernández Paz

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 80 páginas Año 2002
12,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade.

Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal. Deste xeito, Cos pés no aire é unha lúcida e suxestiva parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades.

O libro, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Formato
Tapa blanda
Páginas
80
Año
2002
Idioma
Gallego
ISBN
9788483028612
¿Alguna duda? Contáctanos