A ideoloxía española no século XXI. Anatomía do fascismo cognitivo na sociedade actual
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
As ideoloxías son sistemas complexos que explican e xustifican a orde económica, social e política, ofrecendo unha visión do mundo compartida e á vez deformada para lexitimar as desigualdades. Historicamente, relixión, política, dereito e economía foron elaboradas por especialistas capaces de facelas cribles mediante argumentos e debates que protexen os intereses dos grupos dominantes.
A maioría da poboación, sen recursos técnicos para desmontalas, acaba asumindo esas ideas como propias, pois as ideoloxías crean subxectividades e fan crer que as identidades sociais xorden dos desexos individuais, cando son produto das redes nas que cada quen vive.<br>Este libro analiza en profundidade a ideoloxía española, desmontando os seus elementos chave e contrastándoos coa realidade histórica desde Marx e a socioloxía posterior.
Examínase tamén o papel das universidades e dos seus profesores como defensores dun sistema do que esperan obter beneficios. A través das ?estampas españolas? móstrase como o sistema político desnaturaliza dereito, educación e vida social mediante normas manipuladas e sofismas que degradan a po
Detalles del libro
- Editorial
- EDICIONS LAIOVENTO
- Colección
- ENSAIO 484
- Formato
- Espiral
- Páginas
- 212
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788484877912
Sobre Barrera Bermejo,José Carlos
José Carlos Bermejo Barrera é catedrático de Historia Antiga na USC e autor de trinta e sete libros, ademais de numerosos artigos en revistas especializadas de ámbito internacional. En lingua galega publicou Psicanálise do coñecemento histórico (1982); O final da Historia (1986); Pensa la Historia (2000); O valor da Arqueoloxía (con Mar Llinares García, 2006); ¿Para que serve a Historia de Galicia? (2007); Relixión e sociedade na Galicia Antiga (2008); Auténticas e verdadeiras historias (2009); Os señores da mentira (2012); Contos para nenos un pouquiño modernos (2013); Os santos das nacións (Laiovento,2021); Información, comunicación e historia (2023) e As guerras.
Entre a retórica e a violencia (Laiovento, 2025). Noutras linguas destacan The Limits of Knowledge and the Limits of Science (2010) e Afganistán. Historia de un estado fallido (2024).
¿Qué libro buscas?
