María Victoria Moreno. Sementadora de futuro
Isabel Soto; Xavier Senín Fernández
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza.
Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás...
"María Victoria Moreno. Sementadora de futuro", de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Biografía
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 160
- Año
- 2018
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788491213352
¿Qué libro buscas?
