Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Tres pintores

Tres pintores

Cid Cabido

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 104 páginas Año 2018
19,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza "Tres pintores", a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio.

Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, "Tres pintores" relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8.

De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible.

Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
104
Año
2018
Idioma
Gallego
ISBN
9788491214526
¿Alguna duda? Contáctanos