Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez

A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez

María Reimóndez

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 120 páginas Año 2020
20,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado.

Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, "pode que por momentos incómoda", que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal.

Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida.

Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón?

"A semente, a árbore, a froita" non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas
Formato
Tapa blanda
Páginas
120
Año
2020
Idioma
Gallego
ISBN
9788491216902
¿Alguna duda? Contáctanos