Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
O misterio do barco perdido

O misterio do barco perdido

Carlos G. Reigosa

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 248 páginas Año 2005
20,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón.

Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco.

Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo. Unha fascinante odisea internacional de acción trepidante, que remata co esclarecemento do intricado caso.

Carlos G. Reigosa logra a tensión e o dinamismo da mellor novela de intriga, nun ambiente oriental, inesperado, sórdido e violento.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
248
Año
2005
Idioma
Gallego
ISBN
9788497822381
¿Alguna duda? Contáctanos