Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Vidas senlleiras

Vidas senlleiras

Darío Xohán Cabana

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 144 páginas Año 2005
20,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino.

Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; unha muller mariñeira con catro fillos, viúva da Guerra Civil, que se defende a tiros... son algúns dos inesquecibles personaxes deste libro, individuos empuxados por unha forza descoñecida que defenden o seu propio orgullo no medio dunha natureza implacable.

Con arrecendos á literatura de Álvaro Cunqueiro e de Italo Calvino, Darío Xohán Cabana parte da tradición oral para tecer estes relatos nostálxicos onde o realismo e a fantasía estreitan as súas mans case imperceptiblemente, creando mundos dunha maxia engaiolante e poderosa.

III PREMIO CIDADE DE LUGO

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
144
Año
2005
Idioma
Gallego
ISBN
9788497823005
¿Alguna duda? Contáctanos