Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Blúmsdei

Blúmsdei

Cid Cabido

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 128 páginas Año 2006
20,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 de maio de 2005, ofrecendo un texto ininterrompido de 127 páxinas. Afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, o autor apostando por liñas de literatura de investigación, ofrece como fío principal dun texto que carece de argumento, o decorrer do seu blúmsdei particular na paisaxe do Morrazo.

A oralidade (escribir exactamente como se fala) como ruptura coa ficción convencional, considerada como un paternalismo do autor cos lectores; e a consideración do autor como un ser humano que expresa a súa visión da realidade, caracterizan este texto de Cid Cabido, inserido nas liñas de vangarda da narrativa contemporánea. Unha clara volta ás orixes da literatura concibida como expresión artística e vía de coñecemento.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
128
Año
2006
Idioma
Gallego
ISBN
9788497824439
¿Alguna duda? Contáctanos