Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A corpo aberto

A corpo aberto

Manuel Rivas

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 352 páginas Año 2008
23,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente.

Como no Ciprianillo, o popular libro dos tesouros ocultos, o lector non debe ler senón desler, do presente ao pasado, ao xeito do arqueólogo que se interna na caverna da España do Último Día. A segunda trata da "amnesia retrógada", unha viaxe contra o esquecemento e unha denuncia do "complexo de Creonte" no que aínda se manteñen as elites máis influentes da dereita española.

Na terceira, "A revolución do mar", cóntanse, entre outras, dúas loitas que contribuíron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedición do Xurelo á Fosa Atlántica e o "thriller" do caso Prestige. E, por último, na cuarta, "As Reexistencias", unha sorte de historias naturais escritas cunha respiración alternativa, entre dor e humor.

En todo caso, o propósito deste libro responde á idea que enunciou con encarnizada precisión Rodolfo Walsh: escribir é un avance laborioso contra a estupidez.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Formato
Tapa blanda
Páginas
352
Año
2008
Idioma
Gallego
ISBN
9788497829298
¿Alguna duda? Contáctanos