Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Contos por palabras

Contos por palabras

Agustín Fernández Paz

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Libro de cartón Editorial Edicións Xerais 152 páginas Año 2010
10,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.

"Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra".

"O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode

a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.

"Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada

en que a súa filla sexa unha artista da televisión.

"Un artista de neon": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado"

Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea".

"O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Formato
Libro de cartón
Páginas
152
Año
2010
Idioma
Gallego
ISBN
9788499141558
¿Alguna duda? Contáctanos