A vinganza do defunto
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo -cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns -co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis-, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica.
A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 336
- Año
- 2014
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788499147567
¿Qué libro buscas?
