Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento

Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento

Xosé Ramón Pena

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 440 páginas Año 2014
30,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916.

Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan.

Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas.

Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA
Formato
Tapa blanda
Páginas
440
Año
2014
Idioma
Gallego
ISBN
9788499147642
¿Alguna duda? Contáctanos