As palabras poden matar
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven.
Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 136
- Año
- 2015
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788499148113
¿Qué libro buscas?
