O corazón da maxia
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata.
Un día chega Mistre, unha nena etíope de oito anos, que compartirá con ela o cuarto. Para facerlle a estadía máis levadeira, Laura cóntalle á súa nova amiga unha historia extraordinaria, con dúas protagonistas moi especiais, Aulea e Mistera, que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos.
Mentres non aparezan os dragóns, protectores das aldeas, o seu mundo non poderá gozar de paz e prosperidade. O sorprendente desenlace de ambas historias, a real e a imaxinaria, vaivos facer rir e chorar asemade.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
- Formato
- Libro de cartón
- Páginas
- 128
- Año
- 2015
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788499148199
¿Qué libro buscas?
